Para falar dos pormenores do acontecemento, programado para este domingo día 19 de xuño, tamén estiveron presentes sendos representantes da peña Saltamontes –Juan Santos- e do Club Cicilista Ácido Láctico –Lolo Paisal-, así como o técnico municipal Miguel Ruiz. Martínez Queiruga desculpou a presenza dun representante da peña ciclista Tahúme, entidade que tamén forma parte da organización do evento ao igual que tenda de bicicletas especializada Sportbike, que colabora con premios.
O edil municipal quixo destacar o bo momento que está a vivir o deporte da bicicleta en Ribeira, como se demostra polo feito da existencia no municipio de ata tres peñas ou clubs ciclistas que reúnen entre eles a máis 200 integrantes, tanto afeccionados como federados.
Ademais, manifestou que con esta proba o Concello quere fomentar o uso habitual dun medio de transporte tan saudable e sobre todo ecolóxico como é a bicicleta, especialmente nos desprazamentos de proximidade.
Prazo para anotarse ata o venres 17. Agasallo seguro dunha camisola
A día de hoxe xa hai 150 persoas anotadas na proba e a organización aspira a alcanzar os 300. As inscricións pódense facer a través da páxina web www.riveira.com. O prazo para anotarse expira ás 13 horas do 17 de xuño, e aqueles que así o fagan recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo.
Miguel Ruiz foi o encargado de explicar o programa do día:
- De 10.00 a 10.45 horas, retirada de dorsal no punto de saída na Praza de España.
- Ás 11.00 horas, saída e volta polas rúas do centro de Riveira.
- Ás 11.15 horas, retirada dos máis pequenos na Praza de España e o resto do grupo inicia o camiño cara á parroquia de Aguiño.
- 11.45 horas, chegada a Aguiño e avituallamento.
- 12.10 horas, saída de Aguiño cara a Ribeira.
- 12.45 horas, chegada á Praza de España
- 13.00 horas, sorteo.
A organización quere facer tamén unha serie de recomendacións:
- Intentar levar a bici nas mellores condicións posibles
- Ser puntuais
- Non adiantar o coche de cabeza
- Facer caso das indicacións das persoas da organización
- Non interrumpir nin acelerar a marcha normal do grupo
- Non invadir o carril contrario
- Non utilizar as beirarrúas como vía
- Non entender esta actividade coma unha competición, é un paseo
Ao final do percorrido sortearase entre os participantes distinto material deportivo e unha bicicleta doada pola tenda Sportbike.
A idade mínima que a organización propón para poder facer o percorrido é de 8 anos. Aqueles rapaces que sexan menores desta idade, ou que os seus pais non os vexan con forzas para poder facer todo o camiño, poderán participar nun percorrido menor polas rúas de Ribeira. O uso do casco é obrigatorio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario