Lousame, 15 de xuño de 2011. A Asociación Cultural Prudencio Romo (Banda de Lousame) e a Concellería de Cultura do Concello de Lousame organizan para este domingo 19 de xuño o festival de fin de curso da Escola de Música de Lousame ás 8 da tarde na Casa de Cultura de Portobravo.
A Escola de Música de Lousame remata con este festival as súas actividades no curso 2010/2011, cun balance moi satisfactorio tanto en canto a número de alumnos, xa que se acadaron os 50 alumnos, como na calidade da ensinanza e a mellora da formación musical, como se verá reflectido no debut da Banda infantil e xuvenil da Escola de Música de Lousame que se producirá neste festival.
Ampliación de plantilla para o vindeiro curso
No próximo curso 2011/2012 vaise incrementar o plantel de profesores coa incorporación dun profesor de trompeta que xunto cos outros que imparten clase (flauta, oboe, clarinete, saxo, trompa, vento metal grave e percusión) cubrirán todo o abano de instrumentos dunha banda de música. O prazo de matrícula será en setembro e pódese solicitar información no teléfono da banda (676982604) ou por correo electrónico (banda@concellodelousame.com).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario