A Pobra, 28 de xullo de 2011. O pasado martes, 26 de xullo, Novas Xeracións do PP de A Pobra organizou unha viaxe para toda a mocidade do concello ao parque acuático de Cerceda. A actividade foi moi ben acollida e participaron medio cento de mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos.
O presidente de Novas Xeracións do PP pobrense, Eloy Sobrido García, congratúlase da "masiva participación que ha tenido esta primera actividad veraniega, que será la primera de muchas que se realizarán este verano". Tamén aproveita para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e anímaos a anotarse ás seguintes actividades de NN.GG., das que dará cumprida información.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario