Avenida do Malecón de Ribeira, unha das máis frecuentadas da cidadeRibeira, 5 de xullo de 2011. Tres irmáns, todos eles vendedores da ONCE, presentaron un escrito ante o Concello para solicitar que se incorporen ás rúas de Ribeira semáforos sonoros, de xeito que as persoas invidentes poidan cruzar sen perigo. Os irmáns, que son naturais de Carreira, sinalan na súa petición que "fai pouco se procedeu á instalación dunha serie de semáforos na avenida do Malecón da nosa cidade, coa idea de ir colocándoos noutras rúas do casco urbano, para regular mellor a circulación vial e o tránsito dos peóns con maior seguridade, o cal nos parece moi boa idea. Pero somos conscientes de que a accesibilidade para as persoas con algunha discapacidade física segue a ser unha asignatura pendente en todas as cidades do noso país. Aínda así, na maioría delas estanse a instalar cada vez máis semáforos sonoros para que as persoas invidentes saiban cando poden cruzar con seguridade. É por iso que instamos a que doten os semáforos xa instalados, e os que se vaian instalar no futuro, as medidas de accesibiidade precisas para que poidan emitir sons e así nós, e outras moitas persoas invidentes ou con moitas dificultades de visión poidamos andar con tranquilidade por esta cidade centenaria". Onte, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario