A manobra tivo lugar no entorno da illa de Rúa. Dúas embarcacións de Protección Civil situáronse nas inmediacións deste enclave e, nun primeiro momento, simulouse a caída ao mar de dúas persoas, unha das cales era o concelleiro de seguridade e mobilidade cidadá, Víctor Reiriz Lampón.
En poucos instantes entrou en acción o Pesca 1, que rescatou a estas dúas persoas e trasladounas ata o Hospital da Barbanza facendo uso do heliporto alí situado.
Acto seguido, simulouse que un terceiro individuo caera ao mar, de tal xeito que e o helicóptero regresou ao lugar dos acontecementos e tamén logrou izala padiola ata o vehículo de transporte aéreo. Tamén foi levada ao hospital inmediatamente.
Víctor Reiriz agradeceu a colaboración prestada polos servizos de salvamento da Xunta de Galicia e destacou a importancia de poñer en práctica este tipo de exercicios de colaboración para ofrecer un servizo máis coordinado e eficiente. Así mesmo, adiantou que no futuro se seguirán impulsando este tipo de accións, tanto no mar, como en acantilados, etc...
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario