1.8.11

Boiro: convocado o V certame fotográfico "Os habitantes de praia" para o sábado 13 de agosto


Bases:

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “Os Habitantes da praia”

Participantes

Calquera persoa interesada, sexa profesional ou afeccionada á fotografía

Tema As praias de Boiro e o seu entorno

Categorías A- escenas e situacions da xente na praia (xogos infantís, deportes, xantar, baños, ...)

B- natureza (paisaxes, animais, plantas, ...)

C- denuncia medioambiental (obxectos atopados na area, residuos, vertidos na auga, ...)

Obras Cada participante deberá presentar 3 fotografías, unha por cada categoría (A-B-C) : orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores.

Formato

Medida tamaño A4 (20x30 cm aproximadamente)

Técnica

Técnica libre en papel fotográfico. En cor ou branco e negro (en todas as súas variantes). Admitiranse retoques dixitais que non manipulen o senso da imaxe.

Presentación

En papel fotográfico e tamaño A4.

No reverso da fotografía poñerase unha lenda que idenficará o sobre pechado a entregar cos datos persoais do autor ou autora: nome, enderezo, teléfono.

No mesmo reverso cada fotografía deberá levar unha indicación da categoría a que pertenece (A. B, C).

Lugar e prazo de presentación

As fotografías deberàn entregarse a organizaciòn entre as 17 h. e as 19 h. do sabado 13 de agosto xunto o campo de volei da praia de Barraña.

Xurado

O xurado será seleccionado pola organización do concurso entre persoas cualificadas para exercer esta función.

O fallo do xurado poderá declarar desertos ou compartidos algún ou todos os premios, así como outorgar mencións especiais se o estimase oportuno.

Premios

Establécense os seguintes premios as millores coleccións de 3 fotografías nas 3 categorías:

Ø 1º premio – Cámara dixital 2º premio 75 € 3º premio 50 € (en vales de compra)

Exposición Mostra fotográfica o aire libre dos premios e unha selección das obras o domingo

14 de agosto no paseo de praia Xardín, entre as 18 h. e as 20 h.

Entrega dos premios as 19´30 h.

Propiedade das obras

As fotografías premiadas quedarán en propiedade do Concello de Boiro. As non premiadas deberán recollerse a partir da clausura do concurso na oficina de Turismo. O Concello de Boiro reservarase o dereito de exposición, reproducción e calquera outro uso non comercial e sempre relacionado coa promoción da cultura e o deporte, das imaxes premiadas no concurso, citando sempre o nome do autor.

Os participantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. En calquera caso, a organización do concurso queda eximida de posibles conflictos de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que poidan derivarse.

Consideracións finais

O xurado será competente para resolver calquera circunstancia non prevista nas bases.

A participación neste concurso implica a aceptación íntegra das súas bases


mais información na OFICINA DE TURISMO DE BOIRO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical