Dentro da campaña "Se paras na praia, separa"
- Este obradoiro percorre 9 campamentos no verán
No campamento da Espiñeira tamén se fixeron actividades a prol do galego
Boiro, 16 de agosto de 2011.- O campamento xuvenil da Espiñeira, en Boiro, participa nunha campaña de divulgación da reciclaxe do lixo ao longo deste verán. Baixo o título "Se paras na praia, separa", un total de 1.425 nenos e nenas participan nos campamentos de Gandarío e Marina Española, en Bergondo e o albergue A Espiñeira, en Boiro. Este programa estase a levar a cabo nun total de 9 campamentos e participarán preto de 3.400 nenos e nenas das catro provincias galegas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas leva esta campaña de recollida selectiva nas praias aos albergues xuvenís co obxectivo de concienciar aos galegos sobre a importancia da reciclaxe.
A Coruña | Bergondo | Albergue Xuvenil Marina Española |
Bergondo | Albergue Xuvenil de Gandarío | |
Boiro | Campamento Xuvenil A Espiñeira |
Este material da campaña de reciclaxe empregarase como recurso didáctico ao longo de toda a temporada estival nos diferentes grupos que participan no campamento. Consiste no seguinte:
• Unha guía sobre separación de residuos e reciclaxe para reforzar os coñecementos dos monitores.
• Un xogo tipo “A Oca” sobre reciclaxe, que vai impreso sobre unha lona e que é reutilizable e adaptable a grupos de diferentes idades.
Os colectores azuis (os específicos para papel e cartón) terán unha presenza máis marcada neste tipo de lugares, xa que nos campamentos se adoita a organizar actividades nas que o uso de papel é frecuente. Así, os 9 albergues xuvenís participantes recibirán material lúdico-educativo deseñado para fomentar a súa implicación na correcta separación dos residuos.
Cómpre recordar que unha das novidades desta edición, é o feito de que a campaña farase extensiva a cámpings das tres provincias costeiras, nos que se instalarán paneis informativos e parellas de colectores verde-amarelo.
PROVINCIA | CONCELLO | CAMPING | PRAIA CERCANA |
A Coruña | Ribeira | Coroso | Coroso |
A Coruña | A Pobra do Caramiñal | Ría de Arousa | Cabío |
Lugo | Viveiro | Viveiro | Covas |
Pontevedra | Baiona | Ladeira | |
Pontevedra | Sanxenxo | Maior |
Mediante as medidas plantexadas neste proxecto mellórase o servizo de recollida e dótase aos areais dos medios precisos para facilitar aos usuarios a súa implicación activa. O plan de recollida permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable para estes, impulsando a reciclaxe e incrementando os ratios de recollida selectiva.
Medio Ambiente lembra que o proxecto posibilita o avanzar un paso máis na xeralización da recollida selectiva a todos os ámbitos de forma que pouco a pouco a separación en orixe sexa un hábito en calquera actividade cotiá.
Campaña de recollida nas praias
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha este verán unha nova edición da campaña de fomento da recollida selectiva que se desenvolverá en máis de 140 praias de máis de 70 concellos galegos dende o pasado, 3 de xullo, ata o 31 de agosto. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Sogama e Ecoembes, está destinada a concienciar sobre a necesidade de separar os residuos en todos os ámbitos, incluíndo os espazos abertos e os escenarios orientados ao ocio.
No conxunto da Comunidade galega, visitaranse máis de 100 areais costeiros e máis de 30 áreas fluviais, nos que se instalarán colectores de residuos apropiados. Na táboa seguinte especifícase o reparto por provincias.
| Nº concellos | Nº praias |
A Coruña | 21 | 39 |
Lugo | 12 | 27 |
Ourense | 23 | 30 |
Pontevedra | 15 | 50 |
71 | 146 |
Cos datos deste proxecto vanse instalar colectores de residuos apropiados, co fin de contribuír a mitigar o impacto que o turismo exerce sobre a produción residuos nos meses estivais, obxectivo recollido no Plan de Xestión Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020.
Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estímase que este proxecto permitirá a recuperación e reciclaxe de arredor de 700 quilos de envases lixeiros cada día, o que sumará un total de máis de 40 toneladas ao final da temporada.
Para alcanzar este obxectivo, técnicos cualificados realizarán inspeccións nas diferentes localizacións onde se implantou a recollida selectiva a fin de comprobar o estado en que se atopan os medios dispostos (carteis, colectores, bolsas, etc.). Así mesmo, realizarase unha serie de caracterizacións dos residuos depositados para obter datos sobre a calidade de segregación e a cantidade de residuos xerados.
Por último, a campaña “Se paras na praia, separa”, conta cunha páxina web propia, www.separanapraia.com, que se manterá activa durante os meses de verán, albergando información sobre o desenvolvemento da campaña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario