9.9.11

Noia: o Concello pon en marcha o centro cívico da Ponte de San Francisco

Ponte_de_san_francisco_centro_

Noia, 9 de setembro de 2011.  A concelleira de Relacións veciñais e Participación Veciñal Marisol Villar Ageitos visitou o novo centro cívico de Ponte de San Francisco na Parroquia de Argalo.

Os datos da obra son:

DENOMINACIÓN DO PROXECTO: Construción de centro cultural en Ponte de San Francisco.

    Importe da obra: 114.453,60 €.
    Empresa construtora: Construcións Oliesi.
    Superficie do centro: 124,32 metros cadrados construídos.
    Importe da redacción do proxecto: 3.382,50 €
    Importe da dirección da obra: 3.440,83 €
    Arquitecto, director da obra: Sebastian Ernst.

Total Financiado polo FEESL (obra+redacción+dirección):121.276,93 € ao que hai que engadir a adquisición da parcela para a súa construción 36.000 euros.

Con este novo centro todas as parroquias de Noia están dentro dalgún centro cívico de propiedade municipal. Marisol Villar Ageitos considera que "coa actual rede de centro cívicos municipal conséguese achegar o Concello aos veciños e veciñas, e permítese o desenvolvemento de actividades, actos e cursos en todas as parroquias".

Na actualidade o concello dispón dos seguintes centros cívicos:

Parroquia de Santa Cristina:

      A Barquiña

      Barro.

      Ousoño.

      Orro.

Parroquia de Santa María de Argalo:

      Ponte de San Francisco.

Parroquia de Boa:

      Boa.

Parroquia de Santa Mariña do Obre.

      Escola do Obre.

Parroquia de Santa María de Roo.

      Roo.

      Pontenafonso.

      Sampaio.

Todos estes centros atópanse en moi bo estado de conservación por ser de recente construción ou rehabilitación, agás o de Sampaio que está en estado semirruinoso. E na escola do Obre tamén e preciso facer melloras.

A concelleira de Relacións Veciñais e Participación Cidadá e segunda tenente de alcalde do Concello de Noia, quere agradecer a colaboración de todas as asociacións veciñais, "sen as que non sería posible desenvolver as actividades e cursos nas parroquias, ademais de ser fundamentais para o funcionamento dos centros cívicos". Agora, tras ultimar os últimos detalles entra en funcionamento o centro cívico de Ponte de San Francisco, e os veciños da zona xa o poderán disfrutar durante as festas da Virxe do Remedios.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical