- O luns 3 de outubro, charla no Liceo Marítimo sobre "A reordenación do territorio: os servizos mancomunados"
- Tamén no Liceo haberá obradoiros sobre saúde en outubro, previa inscrición
O vindeiro luns, día 3 de outubro, ás 20:30 horas terá lugar nos locais do Liceo Marítimo de Ribeira unha charla informativa sobre "A Reordenación do territorio: os servizos mancomunados". Está organizada por parte do comité local do PSG-PSOE de Ribeira e será impartida pola conocida experta en Economía da Unión Europea, María Cadaval Sampedro. A conferencia está aberta ao público en xeral. A Sociedade do Liceo Marítimo acubillará, ao longo de outubro dous obradoiros de saúde. A Escola Galega de Saúde para Cidadás dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia impartirá, de balde e previa inscrición, os talleres de "Dolores Neuropáticas en relación con la Fibromialgia" e "Prevención y cuidados en la nutrición de las personas diabéticas". O límite de prazas é de trinta persoas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario