10.10.11

Noia: "A Subela " participa nunha homenaxe ao músico Morgan este sábado 15 de outubro en Compostela

Noia, 10 de outubro de 2011. O sábado 15 de outubro vai ter lugar en Santiago de Compostela unha homenaxe a Morgan, músico e taberneiro desaparecido hai máis dun ano, fundador da mítica taberna da rúa da Algalia de Abaixo “Xa Chegou”, barítono do coro da emblemática agrupación folclórica Cantigas e Agarimos desde 1979. Xosé Lois Méndez Martis era o seu verdadeiro nome.


A súa vida sempre estivo intimamente ligada á música tradicional. Ademais de pór a súa voz neste histórico colectivo compostelán, Morgan -tal e como lle coñecían popularmente- foi un dos impulsores dos Estalotes. O nome de calquera destas agrupacións sempre apareceu nos carteis das festas populares, especialmente nas que tiveron lugar na capital galega. Tamén estivo ligado á asociación de veciños do barrio de San Pedro. Morgan foi capaz de manter o equilibrio entre a súa paixón pola música e o seu negocio, referente nas rutas de viños da noite compostelá. A Rúa de San Pedro, Rúa Concheiros e arredores serán o escenario dun día cheo de música e ledicia para honralo. Bares e tabernas da zona vella compostelán acollerán música do pais dende ás 12.00 h, ata ás 24 h , con máis de 50 grupos de musica tradicional do noso país.
A Sociedade Liceo de Noia, a través do seu grupo de música tradicional "A Subela", estará presente nesta homenaxe, actuando primeiro ás 18.00h no "Ámbitus" e logo ás 19.30horas no “O 31”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical