A Pobra do Caramiñal, 23 de outubro de 2011. Hai arredor dun ano, Jesús Dieste Buceta, concelleiro de Deportes e Xuventude da pobra do Caramiñal, tivo unha reunión cos skater´s e rider´s da Pobra Do Caramiñal, na que se tratou a instalación dun skate park, semellante ao que hai en Boiro (ver imaxe superior), e que iría fronte á casa da cultura Raquel Soler. Alí estaba prevista a montaxe de unha cancha de baloncesto, un campo de fútbol e un skate park: xa fais uns meses que están completamente instaladas a cancha de baloncesto e o campo de fútbol, pero do skate park non se sabe nada. Un grupo de rapaces preguntoulle o día do pregón do Nazareno (en setembro deste ano) ao concelleiro de Deportes, o citado Jesús Dieste Buceta, cando se ían instalar os módulos, e a resposta deste señor foi: "Eso non é cousa miña, preguntádello ao alcalde". Por suposto, esta resposta non sentou nada ben e estes rapaces queren saber que foi do prometido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario