10.10.11

Política: intensa precampaña nacionalista en Barbanza e Noia de Jorquera

  • En Rianxo, Francisco Jorquera, cabeza de lista do Bng por A Coruña, criticou a actitude de Feijóo "que sempre está a eludir as súas responsabilidades" e avogou por un sistema financieiro galego propio

Media_httpfarm7static_jqbii

O Bng tivo moita actividade de precampaña esta fin de semana pasada na bisbarra. Na imaxe, nacionalistas repartindo folletos por Noia

Rianxo, 10 Outubro 2011. O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, afirmou onte en Rianxo que “Feijoó é o mago do escaqueo porque sempre elude as súas responsabilidades, e neste caso, elude a súa responsabilidade na perda de sistema financeiro galego”.

Jorquera subliñou que “nunha semana quedamos sen sistema financeiro propio. E o Presidente da Xunta limítase, no caso do banco Pastor, a dicer que é unha operación normal de mercado cando para Galiza é tremendo quedar sen entidades financeiras propias”. Neste sentido, sinalou que para ter “economía propia hai que ter sistema financeiro propio”.

O candidato do BNG dixo que “gobernar unha Comunidade Autónoma é responsabilizarse e non escaquearse de cote. Perdemos entidades financeiras propias e o Presidente da Xunta o vive como se non pasase nada”. Remarcou a necesidade de contar cun banco galego con carácter público, e referiuse a Novacaixagalicia. “Hai que traballar para conseguer que NCG sexa un banco galego de titularidade pública, evitar a súa venda a prezo de saldo e manter a galeguidade e o carácter público da entidade”.

Lembrou a proposta do BNG para NCG para evitar que o FROB venda a súa participación en NCG a fondos privados e a prezo de saldo, para que se manteña o control público e que a Xunta asuma a representación do FROB e nun prazo de dez anos se vaia afacendo cos activos do FROB. “Trátase de facerse co control público galego do novo banco co 51%das accións”.

Media_httpfarm7static_paipj

Jorquera, sentado en primeiro plano, o día da presentación de candidaturas. Detrás pódese ver a Rosana Pérez, do Bng da Pobra do Caramiñal

O programa do PP é o de Feijoó: recurtes en sanidade e educación, máis paro e baixada da produción industrial

Respeito á Convención do PP, Jorquera destacou que “o PP segue sen desvelar o seu programa electoral pero xa o está a revelar Feijoó cando dí que se gobernan van facer no Estado o que están a facer na Galiza. É dicer, recurtes en sanidade e educación, máis paro, unha baixada da produción industrial. En relación ás afirmacións do Presidente da Xunta sobre os prazos do AVE, Jorquera indicou que “está claro que coas súas afirmacións confirma o que denunciou o BNG, a Xunta está a prepararlle o camiño a Rajoy no caso de que sexa o Presidente do Goberno. Estálle a preparar a grande coartada para retrasar aínda máis a chegada do AVE”. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical