14.10.11

Porto do Son: presentado "El legado celta", documental de José Manuel Novoa sobre a cultura castrexa en varios países

  • Este sábado 15 de outubro ten lugar a "premiere", ás 22:00 na casa de cultura da Atalaia
  • Cun custe de arredor de medio millón de euros, o documental xa foi vendido a varios países e vai ter unha enorme repercusión internacional
  • Aínda que se dubida cada vez máis do calificativo "celta", o documental leva este título para ter unha mellor venda en Europa
  • Ao equipo de produción impedíronlle gravar o torques de Burela no Museo de Lugo e tomar uns planos xerais no parque natural das Fragas do Eume

  • A maior parte dos actores do documental e figurantes son de Porto do Son e arredores, ata un total de máis de 350. Ata o actual alcalde, Luis Oujo, fai de canteiro, e o director do documental, entusiasmado ata as cachas, é a primeira vez que aparece nun dos seus documentais como figurante, para o cal tivo que afeitarse o bigote
  • A concelleira de Cultura, Asunción Torres, agradeceu ao director do documental a proxección que está a facer de Porto do Son con este documental e comprometeuse a conservar e difundir o importante patrimonio que acubilla este concello.

[[posterous-content:azGvbjqGIzgFzpsEzDGB]]
Na presentación estiveron o alcalde de Porto do Son e a concelleira de Cultura, así como o director do filme, o documentalista e o artellador do castro en Punta Couso, o peculiar Daniel Gerbaud Mazier, que fixo de druida


Luis Oujo, antes de chegar a alcalde, participou como actor no documental "El legado celta". José Manuel Novoa louvou tamén a axuda de Ramón Quintáns no que se refire sobre todo a localizacións para este ambicioso traballo


José Manuel Novoa agradeceu tamén o traballo exhaustivo e rigoroso do asesor científico principal do documental, o arqueólogo do CSIC Xurxo Ayán, que foi tamén director durante un lustro das escavacións de Neixón e levou ao equipo de "El legado celta" á Lanzada, ao xacemento que alí se está a descubrir


Novoa asegura que "El legado celta" é un documental "atemporal", que se pode manter no mercado televisivo e circuito comercial entre 10 e 15 anos e que supón unha proxección enorme porque é similar a unha hora de spot publicitario. Ten moita maior penetración que a publicidade institucional, como xa comprobou co seu documental "El señor de Sipán", que levou a moitos a visitar Perú


Antes, en Certo:



Xurxo Ayán participou como asesor neste documental, sobre o que escribiu  Un castro de película

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical