Unha das actividades que continúan é "Coñece o teu concello", que será o sábado 3 de decembro
Ribeira, 23 de outubro de 2011. A Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó fixo de facer pública a súa programación para o derradeiro trimestre do ano.
Desde a Xunta Directiva aprobouse facer actividades durante todos os meses do ano e para todas as idades.
As actividades son:
- 01 de outubro.- Campamento para monitores.
- 28, 29 e 30 de outubro.- V Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX).
- 12 de novembro.- Disney Live. Unha Viaxe Inesquecible.
- 25, 26 e 27 de novembro.- Roteiros para a Xuventude.
- 03 de decembro.- Coñece o teu concello.
- 17 de decembro.- Ecoparque de Marín e Lago Castiñeiras.
- 05 de xaneiro.- Cabalgata de Reis.
Así mesmo, outra das comunicacións que fan é a de abrir o prazo para renovar ou facerse socio/a de Arrecó. A cota será de 15 € ao ano, segundo informou o responsable de Arrecó, Mario Vidal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario