A metodoloxía empregada durante o desenvolvemento do taller é a do “rol playing”, no que o teatro xoga un papel de escusa para escenificar situacións reais que lles sirvan aos asistentes para desenrolar as súas habilidades sociais, a súa empatía, capacidade para resolver conflitos, adopción de hábitos saudables e autoestima.
Representación pública
Cada unha das clases, duns 90 minutos de duración, consta dunha introdución teórica e unha parte práctica. Terán lugar tres días por semana ata sumar 100 horas. Se fose factible, e aínda que non sexa o obxectivo do taller, unha vez completado o mesmo os participantes actuarían nunha pequena representación teatral aberta ao público. Así o afirmou o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio, que hoxe se achegou ao Auditorio para dar a benvida aos asistentes.
O obradoiro de teatro só e unha das diversas accións enmarcadas dentro do Plan Comunitario Municipal dirixidas á deshabituación de condutas adictivas. Outras actividades inciden na promoción de hábitos de alimentación, vestimenta ou perruquería, etc...
Pode que tamén lle interese:
Libro: este sábado 15, "50 lugares mágicos de Galicia"
Mobilizacións para faenar en Sálvora: este sábado 15, de Aguiño a Vigo
Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Programación
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario