- Tamén foi presentado o decálogo de boas prácticas no deporte
- O alcalde asinou convenios de colaboración con nove clubs do municipio
Ribeira, 23 de outubro de 2011.- O Auditorio Municipal de Riveira acolleu un acto convocado pola Concellería de Deportes cun dobre propósito: por unha parte dar a coñecer o Decálogo de Boas Prácticas elaborado por esta Área Municipal co fin de promover e inculcar unha serie de valores entre todos os axentes que gardan relación co mundo do deporte e, por outra banda, entregar becas a trece deportistas destacados do municipio co fin de apoialos nas súas traxectorias.
Foi o edil e tenente de alcalde Juan Luis Martínez Queiruga quen exerceu de mestre de cerimonias dun evento no que o alcalde non puido estar presente por xurdirlle unha obriga familiar irrenunciable. Non obstante, Manuel Ruiz Rivas si que puido estar no Auditorio uns minutos antes do inicio do acto para asinar convenios de colaboración con nove clubs deportivos de Riveira e colaborar así cos mesmos no desenvolvemento dos seus obxectivos estatutarios.
Todas as persoas que acudiron ao acto recibiron un díptico co Decálogo de Boas Prácticas para o Deporte: un documento que pretende servir de ferramenta de traballo para que adestradores, clubs, pais e nais, corpo arbitral, deportistas e o resto de axentes involucrados no deporte base do municipio asuman un código de conduta que mire polas boas prácticas e o xogo limpo dos nenos e nenas do municipio, ao tempo que avogue pola promoción dos mellores valores inherentes á práctica deportiva, tales como o respecto, a tolerancia, o esforzo ou a responsabilidade.
En canto aos deportistas destacados, estes foron o regatista Helmuth Bande (recibiu unha beca de 568,72 euros), a saltadora de vallas Virgina Villar (540,72 euros), os loitadores de taekwondo Lara Ouviña (511,84 €), Francisco Javier Sieira (511,84 €), Ángel Parada (483,41 €), Adrián Jiménez (426,54 €), Alejandro Vidal (426,54 €), Miguel Martínez (398,10€) e Miguel Cobas (369,66 €), os nadadores Iván Brión (483,41 €), (426,54 €) María Vilas e Manuel Davila (426,54 €), e a triple saltadora Ana Peleteiro (426,54 €).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario