Boiro, 21 de novembro de 2011. "A asociación cultural Aturuxo non renuncia a facer o Magosto. Despois de que o goberno municipal do PP boirense nos impuxese o pago de unha fianza de 300 euros, privatizando de feito un espazo público e conculcando direitos tan básicos como o direito de reunión, decidimos celebralo no IES Praia de Barraña o vindeiro sábado a partir das 17:30, invitando a todas as veciñas e veciños a participar", informan hoxe no seu blog dende esta asociación xuvenil.
"Reiteramos que unha festa popular non pode ser negada de ningunha maneira, as boirenses e os boirenses temos dereito a festexar as nosas festas tradicionais, e o concello ten a obriga de non impedilo, nen con prohibicións, nen con imposicións, esixindo o pago de 300 euros e alegando que asi garanten o ''bo uso'' dos espazos públicos. As asociacións culturais, deportivas, de veciños... somos entidades sen ánimo de lucro e que ao longo do ano desenrolamos centos de actividades desinteresadamente, ampliando e moitas veces superando a propia actividade cultural do concello. Por iso cremos que este tipo de medidas o único que fan e obstaculizar, e neste caso impedir, o desenvolvemento de calquera actividade cultural na rúa", argumentan.
"Non van conseguir frear o traballo do asociativismo boirense mediante censuras e impedimentos. Nós seguiremos traballando arreo pola promoción e dignificación da nosa cultura e lingua, das nosas festas e das nosas costumes", rematan dende a asamblea xeral do Local Social Aturuxo!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario