Rianxo, 21 de novembro de 2011. No marco da programación do Outono Cultural, organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e, ao abeiro do programa REDE CULTURAL 2011, promovido pola Deputación da Coruña, o Auditorio de Rianxo acolle este vindeiro sábado día 26 a representación da obra "VODAS DE SANGUE" a cargo do grupo de teatro AXÓUXERE TEATRO.
Dirixido a maiores de 14 anos, os e as interesados/as poderán retiras as entradas unha hora antes da representación.
Xa o domingo día 27, no auditorio represéntase a obra "CABARÉ LABORAL. ABERTO POR FOLGA" a cargo do grupo TANGATUTANGA TEATRO. Dita proposta encádrase tamén na programación do Outono Cultural, organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e, ao abeiro do programa REDE CULTURAL 2011, promovido pola Deputación da Coruña. As persoas interesadas poderán retiras as entradas unha hora antes da representación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario