21.11.11

Ribeira: no medio do frío da neve e na escuridade, os aventureiros Sobrado e Fontaíña remataron a súa andaina polo Himalaia

  • Tiveron que facer xornadas maratonianas de ata 12 horas 
Ribeira, 21 de novembro de 2011.- Os aventureiros riveirenses José Antonio Sobrado Silva e Roi Fontaíña Martínez lograron completar con éxito a súa travesía pola cordilleira do Himalaia. 

Dado que o inicio da aventura tivérase que retrasar por mor de que o mal tempo reinante impediralles nun primeiro momento voar ata Lukla –punto de partida da Travesía-, Sobrado e Fontaíña tiveron que esixirse ao máximo á hora de encarar esta aventura de 300 quilómetros de percorrido para cumprir cos prazos establecidos. Tanto foi así que deberon afrontar maratonianas xornadas de ata 12 horas consecutivas por enriba dos 4.500 metros de altitude no medio dun frío intenso e ás veces camiñando en plena noite. 

Durante a ruta, ademais de pasar pola base do Everest ascenderon tres cumios de máis de 5.000 metros, entre eles o Kala Patar e o Gorkio Ri, e atravesaron o Cho La, temido paso de alta montaña situado entre estas dúas prominencias, que se atopaba nunhas delicadísimas condicións pola gran cantidade de neve acumulada. 

Nova incidencia

Ao chegar de regreso a Lukla atopáronse cunha nova incidencia. Ante as malas condicións meteorolóxicas, o perigoso aeroporto desta localidade estaba pechado, razón pola cal decidiron continuar a andaina ata a localidade de Jiri, o que lles supuxo catro días máis a pé. Unha vez alí, tomaron un autocar que os levou ata Katmandú, capital de Nepal, onde nestes momentos están a descansar antes de emprender a viaxe de volta. 

Está previsto que mañá comecen o regreso, primeiro por terra ata Nova Delhi, e o día 28 en avión a España. 

Na expedición colaboran o Concello e varias firmas locais.

Máis información no blog www.riveiratrekaventura.blogspot.com.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical