- A carpa, cuxo custe ascenderá a 90.000 euros, permanecerá namentres se constrúe o novo mercado
- Prevese o 9 de xaneiro como peche da praza de abastos actual, para deixar pasar as complicadas festas do Nadal
O devandito lugar está situado a escasos 30 metros da praza de abastos, nun solar ubicado a carón da rúa Canarias e da praza de España e lindando cun aparcadoiro público. Na parcela habilitarase unha carpa pneumática de 461 metros cadrados en cuxo interior distribuiranse 26 postos: 16 de pescados e mariscos, 4 de carnicería, 3 de conxelados (un deles tamén ten embutidos) e 3 froiterías.
A carpa contará ademais con aseos (masculino, feminino e para minusválidos), un almacén de 27 metros cadrados e un distribuidor de 10 metros cadrados, entre outros espazos.
90.000 euros de investimento
O custo derivado da carpa máis as obras de acondicionamento ascenderá a 90.000 euros.
Durante o encontro acordouse que a distribución dos postos se fará por sorteo.
Tendo en conta a importancia comercial das festas de Nadal para os vendedores da praza, estableceuse como data máis probable para o peche da mesma o luns día 9 de xaneiro, unha vez transcorridas esas celebracións.
Ademais, o alcalde informoulles aos comerciantes que acudiron á cita de que, pechada a praza de abastos e durante un prazo aproximado de 10 días, se requirirá o cese da actividade de venta para proceder co traslado ata a carpa das cámaras frigoríficas e outros materiais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario