19.11.11

Boiro: alumnos protestan polas medidas da direción do instituto de Barraña tras aparecer pintadas con insultos a profesoras

Media_httpfarm5static_sufuc

Grafitti aparecido en 2008 no outro instituto de Boiro

Boiro, 19 de novembro de 2011. Onte, venres 18 de novembro, ás 8:15 da mañá, cando chegaron ao recinto escolar do IES Praia de Barraña, alumnos e mestres víronse sorprendidos por unhas pintadas ou "graffitis" nas que se insultaban a unhas profesoras dese instituto.

A direción do centro decidiu non deixar aos alumnos xogar ao fútbol nin ao baloncesto por culpa das pintadas, e dende a direción anunciaron que o custo de borrar as pintadas sería de seis mil euros.

Engaden que xa teñen tres sospeitosos, e que teñen probas, e que castigarían a eses alumnos "expulsándoos tres meses do centro" o cal pode levar a un claro fracaso escolar dos alumnos, xa que perderían case metade do curso, e que eles non foron os culpables.

Os demais compañeiros, ese mesmo día, concentráronse ás 12:15 diante de direción, e a directora, díxolles que ali non pintaban nada. Os estudantes din que escolleron a eses alumnos como culpables pola súa "fama",

Anuncian ademais que tomarán medidas, xa que por culpa dunhas pintadas que apareceron no patio prohibiron xogar ao fútbol ata que apareza o responsable. Os alumnos están a plantexarse facer unha folga ou algo similar e queren dar a coñecer este caso.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical