- Participa como co-expositor de TurGalicia
- A novidade deste ano son as guías das rutas submarinas
A XIV Feira Internacional do Turismo de Interior é un evento especializado en turismo con sede na cidade de Valladolid, que tivo na edición anterior 43.800 visitantes, 1.250 expositores e 30.000 metros cadrados de área de exposición. Os días de apertura da feira son de xoves a domingo, en horario de 10:30 h a 20.00 h. No stand expositor ofrecerase información dos recursos da comarca a través dos diferentes folletos publicados por esta entidade: mapas e rueiros dos catro concellos, Guía de Recursos de Arousa Norte, Guía de Museos, Arqueoloxía en Arousa Norte e Audioguías de Arousa Norte. Tamén se darán a coñecer os produtos turísticos da comarca, como son os Bonos de Turismo Rural, os Bonos Gastronómicos, a Ruta do Mexillón, Turismo accesible para persoas con discapacidade visual e as novas guías de Rutas submarinas de Arousa Norte. Coa presenza da Mancomunidade Arousa Norte en INTUR preténdese promover a
imaxe de destino entre futuros visitantes, especialmente en tempada baixa. Os alcaldes e as traballadoras da Mancomunidade estarán nesta feira especializada durante estes días para atraer a visitantes e ofrecer información cumprida sobre o destino. Para máis información: http://www.feriavalladolid.com/intur/FITUR 2012
Ademais, no pleno da Mancomunidade celebrado o día 14 de novembro, os representantes políticos de Arousa Norte acordaron solicitar a Turgalicia a participación como co-expositor en Fitur (Feira Internacional de Turismo) do próximo ano. A cita será do 18 ao 22 de xaneiro de 2012. Igual que en anos anteriores, a Mancomunidade fará unha presentación do destino Arousa Norte dentro do stand de promoción de Galicia. Pode que tamén lle interese:
Ningunha das sendas de curto percorrido de Barbanza son recomendadas pola Federación Galega de Montañismo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario