3.11.11

Ribeira: este venres 4, segunda función da Mostra de Teatro con "Gheidi", de ACarrachanaCacha

Gheidi

Ribeira, 3 de novembro de 2011. O Auditorio Municipal acollerá mañá venres, a partir das 21.30 horas, a segunda función das incluídas na Mostra de Teatro de Ribeira 2011. Esta vez actuará a compañía Carrachanacacha, que porá en escena a comedia “Gheidi (só para adultos). 

Escrita e dirixida por Leandro Lamas, a compañía ACarrachanacacha, presenta esta nova comedia despois do éxito conseguido coa súa anterior montaxe “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” que tan boa acollida tivo na anterior Mostra de Teatro de Ribeira, na que viña avalada xa pola cantidade de premios acadados nos distintos certames de teatro nos que se presentaron.  

“Gheidi (só para adultos)” e unha obra de humor na que conta a historia dunha nena abandonada que ten un avó narcotraficante que teñen un can infiel, e contan entre os seus amigos con Pedriño, un neno escravizado que quere ser funcionario. Sen esquecernos da amiga da nena, Claretes e unha vella, a señora Rotanmerdas, que conspira na penumbra.  

O elenco está formado do seguinte xeito: Gheidi (Lorena Montero), Avó (Suso Barro), Trosqui (María Veiga), Pedriño (Felipe Carballido), Claretes (Celia González) e Rotanmerdas (Celia Hernández). 

O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.

Máis información no blog da compañia: http://carrachanacacha.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical