A Pobra, 3 de novembro de 2011. Galiza Nova organiza un magosto este venres
día 4 de novembro, ás 20:00 na Praza do Emigrante na Pobra do Caramiñal.
Este acto servirá, explican dende as mocidades nacionalistas, "para dar comezo a unha campaña electoral no que a mocidade xoga un papel fundamental e para iso estará traballando, como fixo sempre, Galiza Nova. Dende esta organización xuvenil pensamos que a mellor maneira que a mocidade estea representada no Congreso dos Deputados é a través do BNG e para iso contaremos coa presenza da candidata
número dous pola Coruña, Rosana Pérez".
Neste acto haberá castañas asadas, viño tinto, licores do país e refrescos a prezos populares.Tamén se escoitará música para amenizar o acto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario