Pilar Farjas é a conselleira de Sanidade do goberno actual da Xunta
Barbanza, 20 de Nadal de 2011. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública queren facer chegar ao Parlamento de Galicia o rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012. Por este motivo a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración
mañá, dia 21 de decembro, ás 5 da tarde diante do Parlamento de Galicia, aos
representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as
organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamento
dos orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de
Galicia (para a que se solicitou autorización legal). Na concentración a Plataforma fará entrega aos parlamentarios dunha bolsa de
supervivencia que deberan levar aqueles enfermos que sexan hospitalizados
nos centros públicos, se sae adiante a estratexia do presidente Núñez Feijóo
de facer pagar os servizos de comida, limpeza, hixiene, etc. Chamamento aos veciñosAínda que á mesma están convocados representes das Plataformas para a
Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade
Pública, fan estensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a
que se engadan á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectarán
gravemente a todos os galegos/as e aos residentes nesta autonomía con lingua propia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario