A famosa escolleira vai ser retirada só en parte "un ano destes" Noia, 31 de xaneiro de 2012. Segundo informou hoxe o alcalde de Noia, o socialista Rafael García Guerrero, "xa se rematou toda a tramitación do proxecto de limpeza da Ría: Portos de Galicia autorizou a obra e cedeu xa parte da escolleira (que agora é competencia do estado de Punta Abruiñeiras cara Testal) hai máis dun ano coa condición de que se reserven tres treitos de cen metros cada un diante de Labarta para a futura intervención na zona portuaria que faría o ente público Portos de Galicia". Segundo aclara, ante informacións noutro sentido publicadas estes días, "a Declaración de Impacto Ambiental foi aprobada o 21 de Marzo de 2011 e posteriormente foi aprobado o proxecto e orzamentada a obra que xa foi adxudicada a Tragsa. Os informes son favorables xa que dos cálculos feitos dedúcese que da comparativa entre deixar a escolleira e retirala prodúcese unha mellora ambiental xa que o eixe principal da corrente desprázase ao sul, máis preto da zona urbana, ao seu estado primitivo o que aumentaría a limpeza nesa zona de xeito gradual". A culpa do retraso actual sería do PP"O único que pode impedir a realización da obra son os intereses do PP e do deputado Pérez Ínsua no seu ánimo de impedir que Noia dea o primeiro paso para a limpeza da ría, coa agravante da hipocrisía que supón que no ano 2007 o PP e o propio Pérez Insua prometeron a retirada da escolleira", remata o alcalde noiés.
Outros asuntosTamén se informou hoxe de que a compañía Movistar (antes Telefónica), como beneficiaria da realización das actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia 2010-2013, puxo en servizo unha nova infraestrutura de telefonía e banda larga móbil 3G nos núcleos de Alvariza, Boña, O Canabal, Carreira, A Fialla, Orro, Ousoño, Sampaio, Vilafabeiro, Vilanova, Vilar de Ousoño, Vilardante e Vilaverde. Ademais, e por outra banda, grazas a unha subvención da Deputación Provincial de A Coruña, comézase esta semana a realización do novo inventario do Concello.
Noia: o sábado 4, conferencia sobre nutrición no Liceo post.ly/530rL
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Literatura: convocan un certame de contos para mozos ata 19 anos para darlle pulo a lendas da Barbanza post.ly/5319s
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Sabes como foi a historia da Revolta Irmandiña? Carlos Barros explícaa nesta entrevista do Consello da Cultura Galega: youtu.be/CNW1Ag2pbTI
— Certo (@Certo) January 31, 2012
Noia: construirán un novo tanatorio na Rasa de Abaixo post.ly/52Gqz
— Certo (@Certo) January 30, 2012
Noia: o Concello busca incrementar ingresos coas novas taxas para caixeiros automáticos e antenas de telefonía post.ly/52GS7
— Certo (@Certo) January 30, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario