- Entre as dúas ordenanzas estiman pasar dos 60.000 euros anuais
Noia, 30 de xaneiro de 2012. No pleno ordinario de xaneiro de 2012 aprobouse inicialmente a ordenanza fiscal (que fai a número 38 do Concello) para caixeiros automáticos con acceso desde a vía pública. As previsións de ingresos por esta taxa aos bancos serían, segundo estimacións do Concello, uns 2.500 euros.
Se desexa ler a ordenanza completa, tena aquí en pdf
Mais a taxa pola que os noieses poden ingresar un bo pico é a que fai o número 37 e que se intitula "Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral". Iso inclúe, entre outros aparellos, as torretas de telefonía móbil que as operadoras precisan poñer para garantir a cobertura aos seus clientes. O goberno municipal asegura que se poderán ingresar 58.431 euros anuais por este concepto.
Se desexa ler a ordenanza sobre telefonía móbil, tamén a ten aquí en pdf
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario