Porto do Son, 25 de xaneiro de 2012. Esta fin de semana dá comezo a Campaña de Reciclaxe e Separación de lixo do Concello de Porto do Son, que se vai levar a cabo xunto coa Planta de Compostalxe de Servia, en Lousame. Esta campaña consiste na concienciación dos veciños da necesidade de separar o lixo que se xera para que o posterior tratamento que se lle dá a ese lixo sexa máis doado.
Vista da planta de Servia, en Lousame, unha das máis eficientes en reciclaxe a nivel español Durante esta semana na Casa de Cultura de Portosín (de luns-23 a venres-27), en horario de 10h-13h e de 17h - 20h, haberá charlas. E proximamente na Casa de Cultura de Xuño, e finalmente na Casa de Cultura de Porto do Son, haberá unhas persoas a repartir unhas bolsas de rafia para a separación de lixo na casa. Todos os veciños poden achegarse a recoller as bolsas e alí recibirán unhas indicacións para o seu correcto uso. Tamén se lles enviará a todos os veciños unha carta informativa para que vaian recoller esas bolsas e colaboren no posible (carta que aparece nesta información)(Vía Fonforrón)
Porto do Son: "Móllate polos humedais" terá lugar o xoves 2 de febreiro post.ly/4xXBs
— Certo (@Certo) January 24, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario