20.2.12

Ribeira: Ámbar celebrou o entroido cos seus integrantes vestidos de choqueiros

Ribeira, 20 de febreiro de 2012. Hoxe celebraron no Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional unha gran festa de antroido na que non faltou a música, o baile e os doces típicos.

 

Á primiera hora da mañá os fogóns da cociña do Centro de Recursos comezaron a funcionar para preparar as saborosas rosquiñas de entroido, mentras nos talleres, cada grupo se vestía e maquillaba para a ocasión.

 

Arredor das 12, amigos e familiares achegáronse ó Centro de Recursos da Barbanza para asistir ó festival no que desfilaron unha gran variedade de tribus do mundo, dende os Tuareg do deserto do Sáhara, ós Masais de Kenia, pasando polo antigo Exipto e México, tamén tiveron a visita dos nosos antepasados os Castrexos de Neixón e un grupo de Españois que os deleitaron cos bailes máis comúns do noso país.

 

Tralo desfile, o xurado coa axuda da votación do público proclamou os seguintes premios:

Mellor maquillaxe: Os Egipcios e os Masais.

Mellor decorado: Os Castrexos.

Mellor posta en escea: Os Tuareg.

Rei do antroido: Carlos Fernández (do grupo Os Mexicanos).

Raíña do antroido: Sonia Alonso (do grupo Os Españois).

 

A festa rematou cun baile no que participaron os usuarios do centro, o persoal e os invitados (familiares e amigos), mostrando estes últimos as súas felicitacións polo traballo realizado.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical