A Pobra, 15 de marzo de 2012. O concello da Pobra do Caramiñal ten previsto levar a cabo unha excursión á localidade de Camariñas o vindeiro sábado 7 de abril.
A localidade de Camariñas, ubicada en plena Costa da Morte, é unha pequena poboación que conta con algo máis de 6.000 habitantes e que é coñecida sobre todo pola súa arraigada tradición na elaboración de encaixe de bolillos, unha arte recoñecida a nivel internacional que comeza a súa andaina nesta zona da costa galega alá polo século XV, momento no que, segundo conta unha lenda, naufragou fronte as costas de Camariñas un barco de orixe italiana, e unha das superviventes, en agradecemento pola axuda recibida, aprendeulle ás mulleres do lugar esta forma de facer encaixe.
Muxía e Muros no percorrido
Tamén está prevista a visita a veciña localidade de Muxía, poboación que vive do mar e que rivaliza con Camariñas na elaboración do encaixe de bolillos, e a localidade de Muros, que presume de ter un dos cascos antigos de orixe medieval mellor conservados de Galicia, cunha das xoias galegas do gótico mariñeiro dedicada a San Pedro, e unha sucesión de rúas rebautizadas a finais do século XIX con nomes típicos dunha época histórica na que o home tomaba conciencia de si mesmo e dos sentimentos: soidade, tristeza,…
Rúa Venus en Muros
Para anotarse ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse ó concello e preguntar por Lola.
O mesmo día:
- Solidaridade: I Carreira Solidaria, por Paula, o 7 de abril
Pode que tamén lle interese:
- Política: o 29 de marzo, ou pleno ou folga xeral
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario