- Tamén na Casa da Xuventude serán recibidos mañá estudantes de Alemania
- En Artes, no Centro Recreativo, terá lugar a presentación dun equipo de Kempo
Pista multideporte da casa da xuventude, adicada aos irmáns Parada AlviteRibeira, 15 de marzo de 2012. A recentemente inaugurada pista multideporte “Irmáns Parada Alvite”, situada detrás da Casa da Xuventude, en Abesadas, vai dar cabida mañá ás 10.45 horas a unha exhibición de breakdance, que será levada a cabo por membros da Asociación Vella Escola de Noia. Ao espectáculo asistirán alumnos do veciño colexio Galaxia. O que se persegue con esta acción é fomentar, por unha parte, o uso e disfrute das instalacións públicas municipais entre a xuventude e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.
Estudantes xermanos traídos pola ex-muller do dono de Zara Este venres 16 e o sábado 17 de marzo estarán en Ribeira, aloxados no Albergue da Casa de Xuventude, dezaoito mozos alemáns, con idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos, procedentes do Estado de Brandenburgo. Os mozos e mozas (Philipp, Sandy, Mathias, Dennis, Justyna, Yvonne, Kevin, Anne, Immanuel, Christoph, Andy, Jonny, Mark, Riva, Denny, Oliver, Irina, Dominic, Vanessa) están realizando prácticas pre-laborais dun mes en empresas das comarcas de Sar, Barbanza, Muros e Noia. Os rapaces, en situación de desemprego no seu país de orixe, veñen acompañados por tres traballadores sociais e forman parte do proxecto “La Ida”, financiado polo Estado Federal Alemán e que conta coa colaboración da Fundación Paideia, detrás da que está Rosalía Mera, ex muller de Amancio Ortega, dono do imperio Inditex e o home máis rico de España. Os rapaces foron recibidos por esta entidade e tiveron oportunidade de visitar as súas instalacións, radicadas no municipio de Padrón. O obxectivo principal do proxecto “La Ida” no que participan é proporcionar aos mozos en desemprego unha experiencia transnacional que lles sirva como orientación profesional, e como aprendizaxe lingüística. O goberno alemán pretende deste xeito contribuír a aumentar as capacitacións destes mozos, facilitándolles a reincorporación a itinerarios formativos e de emprego, unha vez retornen a Alemaña. Ademais das prácticas en empresas, os mozos tamén participan en actividades deportivas, como medio para realizar unha aprendizaxe lingüística, así como recurso para a socialización con mozos galegos.Chegada ás 17.30 horas Chegarán a Riveira en torno ás 17.30 horas de mañá. De 18 a 19 horas levarán a cabo un obradoiro de malabares nas instalacións da Casa da Xuventude de Riveira e de 19 a 20 horas realizarán unha actividade de orientación urbana polas rúas de Riveira. O sábado 17 de marzo levarán desenvolverán tamén neste municipio unha xornada de convivencia con mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó. Os rapaces de Arrecó elaboraron unha serie de actividades no medio natural para deste xeito pasar un día inesquecible. Así, haberá unha ruta de sendeirismo que saíndo de Riveira pasará polo Parque Periurbano de San Roque, polo Miradoiro da Pedra da Rá e rematará no Parque Natural de Corrubedo, onde visitarán o CIELGA. En caso de que as condicións climatolóxicas non sexan as adecuadas, faranse actividades predeportivas no polideportivo da Fieteira.
Programa da ruta de sendeirismo e xornada de convivencia entre mozos e mozas de Alemaña pertencentes ao proxecto “La Ida” da Fundación Paideia e mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó de Riveira. Sábado 17 de marzo de 2012:Ruta clasificada de dificultade baixa cun percorrido total de 4,39 Km. O punto máis elevado é o Miradoiro da Pedra da Rá cunha altura sobre o nivel do mar de 172 metros.10.00 h. Saída da Casa da Xuventude e a través do monte vaise cara ao Parque Periurbano de San Roque. 10.30 h. Recibimento por parte da técnica do Centro de Interpretación e breve explicación do Parque e das exposicións.11.30 h. Unha vez rematada a visita ao Parque de San Roque continuarase a ruta ata chegar ao Miradoiro da Pedra da Rá. 12.00 h. Chegada ao Miradoiro da Pedra da Rá desde onde verán o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
12.15 h. Saída rumbo ao Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural de Corrubedo (Casa da Costa).13.00 h. Recibimento por parte dos técnicos do Parque Natural e visionado dun vídeo de cómo se formou o Parque. Visita ao CIELGA (Centro de Interpretación da Natureza de Galicia). 13.30 – 13.45 h. Fin da actividade e comida de confraternidade.Equipo de Kempo en ArtesTamén informa o Concello de que o edil Anxo Orellán vai asistir mañá ás 21 horas á presentación do club Kempo Barbanza no Centro Recreativo de Artes. Acompañará ao presidente do citado club, Iván Parada, quen ademais de explicar os obxectivos e proxectos de futuro que ten a entidade, dará detalles da próxima participación de deportistas do club no Campionato do Mundo de Torres Novas en Portugal. Segundo comunican os organizadores do acto, ao final do mesmo haberá uns petiscos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario