Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Dezaseis alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Frións efectuaron esta mañá unha visita a Casa do Concello. Os rapaces, de catro nacionalidades distintas, estiveron acompañados dos seus profesores e do director do centro, Luís Teira -ata hai nada concelleiro do Bng na Corporación-.
No transcurso da súa visita tiveron oportunidade de coñecer as distintas dependencias en que se distribúe o inmoble, tales como as oficinas xerais, a área de urbanismo ou a parte reservada ao arquivo. A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, exerceu de cicerone durante o percorrido polas distintas estancias, no que tamén estivo a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya.
Como corolario da súa visita coñeceron o despacho do alcalde, no que foron recibidos polo propio Manuel Ruiz, e a continuación, acudiron ao salón de plenos do Consistorio, onde o rexedor se someteu ás preguntas que lle quixeron facer os nenos en torno a cuestións como a de como é o día día dun alcalde ou ás dificultades de conciliar a vida persoal coa laboral.
Ribeira: abertas as oficinas de turismo e a sala museo municipal durante a Semana Santa post.ly/6NBa7 Venres Caníbal: Tamara Peña estivo onte de "Folga persoal". Non imos entrar a valorar... ou si?certo.es/index.php?page… Nun Ford dos 20, descapotable, co vento acariciándome garimoso as fazulas, no confín da terra. Te gusta conducir? flic.kr/p/bH9tUp Políticos y realidad social: José Manuel Pena non deixa quedar en bo lugar á nosa caste política (parasitaria diríamos) certo.es/index.php?page…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario