- A superdelegada Belén do Campo supervisou as obras de mellora do CEIP Praia Xardín, no que xa non era sen tempo que se actuara
- Estanse a impulsar os traballos de acondicionamento da antiga casa do conserxe como novo equipamento para o centro
Boiro, 12 de abril de 2012.- A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Praia Xardín, de Boiro, no que se continúa a realizar obras de mellora e acondicionamento de novos espazos cun investimento no que vai de curso de máis de 75.000 euros.Do Campo percorreu as dependencias escolares acompañada polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, o alcalde da localidade, Juan José Dieste, o director do centro, José Manuel Vilas, e varios membros da Asociación de Pais e Nais de Alumnos. A representante do Executivo galego na provincia recordou que o Goberno autonómico, a través da Consellería de Cultura e Educación, está a acometer na actualidade traballos para o acondicionamento da antiga casa do conserxe como novo equipamento para o centro, que ben podería destinarse a patio cuberto ou a biblioteca, segundo o acordo que adopte o consello escolar en breve. A actuación non está a afectar á vida diaria da comunidade educativa e avanza a bo ritmo, polo que, segundo as previsións do departamento autonómico, estará rematada esta mesma semana.A consellería ten consignado para estas obras unha partida de 7.649 euros, aos que se suman outros 67.423 euros destinados ao longo deste ano a mellorar as instalacións educativas. Así, hai poucas semanas remataron as actuacións para reparar a cuberta do centro, a través da eliminación das goteiras, a retirada das tellas en mal estado e o illamento térmico. Ademais, procedeuse ao arranxo da instalación eléctrica e do pavimento dunha zona do comedor.Coa execución deste proxecto, así como o peche na entrada do colexio que está a executar o Concello, quedan resoltas as deficiencias detectadas no centro escolar e que foran trasladadas polo alcalde la localidade á xefatura territorial. Deste xeito, a consellería dá mostra do seu interese por manter nas mellores condicións as instalacións educativas, que neste caso beneficiará aos 93 alumnos de Educación Infantil e os 251 de Primaria que estudan no CEIP Praia Xardín. “A Xunta traballa para seguir avanzando na adecuación das infraestruturas educativas, co fin de continuar mellorando as condicións de traballo e estudo dos mestres e alumnos”, sinalou a delegada. Tamén, en Boiro:
Música e roteiro: o venres 13, Curota Sound e Mustang. O 14, Boiroverde
Comunidade Aula de Linguas Vivas: comeza o luns 16 de abril
Roteiro con fotodenuncia: o 14 de abril, por Boiroverde
14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo
Certame "Ramón Martínez López": prazo ata o venres 4 de maio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario