- Aberto gratuitamente para público maior de 16 anos na aula multimedia
[[posterous-content:pid___0]]Imaxes da presentación do programa FalaRedes en Compostela
Ribeira, 12 de abril de 2012.- A Aula Multimedia vai ser escenario no día de mañá, venres 13 de abril, da iniciativa Ferramentas na Rede: un curso dirixido á posta en valor do uso das novas tecnoloxías para a mellora do uso de galego.
Esta acción terá lugar de 20.30 a 22.30 horas e os participantes obterán información sobre as aplicacións que hoxe en día están a disposición en Internet para a mellora en competencia lingüística e para dar a coñecer a posibilidade e beneficios das ferramentas (software, dicionarios, blogues, páxinas de interese...) existentes en galego.
“Ferramentas na rede” desenvólvese en colaboración co profesor colaborador da Xunta de Galicia que está a impartir formación de adultos para a obtención dos títulos CELGA; e vai dirixida fundamentalmente ao seu alumnado, aínda que está aberta gratuitamente ao público maior de 16 anos en xeral que desexe achegarse polas instalacións situadas na avenida do Malecón, baixo a sede da Confraría de Pescadores.
Proxección audiovisual
A sesión completarase coa proxección do capítulo piloto da serie televisiva, Mareas Vivas, na que o alumnado poderá comprobar diferentes rexistros lingüísticos do galego e variedades dialectais; co que complementan a súa formación en lingua oral de cara a aprobaren os exames CELGA.
A técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, será a formadora nesta aula.
O sábado 14 de abril, Títere-Hop en Ribeira. Rimas, monicreques e gravacións. No programa FalaRedes. 2 sesións flic.kr/p/bLwPhT
O documento do ano pasado:[[posterous-content:pid___1]]https://twitter.com/#!/Certo/status/190025592643665921 A 1 de xaneiro de 2011 a idade media da poboación galega situouse en 45,1 anos (Ourense 48,7) ige.eu/igebdt/esqv.js… Pesca: a lonxa de Ribeira bate o récord de facturación en marzo con ventas por 4,5 millóns de euros post.ly/6i0rG Ribeira: comeza este xoves 12 a escola municipal de break-dance, con 16 inscritos post.ly/6gY7m
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario