2.4.12

Medio Ambiente: ante o incendio das Fragas do Eume, EQUO Galicia lamenta a queima do espazo máis emblemático das fragas Atlánticas galegas e pide responsabilidades

  • Tamén critican a vergoña dos tres partidos políticos con representación parlamentaria, botándose as culpas uns a outros do acontecido
http://farm4.staticflickr.com/3219/3131447676_e80c038450_z.jpg Galicia, 2 de abril de 2012. Ante o incendio que arrasa o parque natural das Fragas do Eume, a formación política EQUO Galicia quere manifestar a súa preocupación pola supervivencia deste espazo natural emblemático e agarda que se asuman as responsabilidades políticas derivadas da xestión desta perda irreparable. EQUO Galicia considera que o inicio do lume, e máxime se finalmente se demostra a súa intencionalidade, non se pode prever, pero parece incomprensible a lentitude na actuación inicial que provocou que cando chegaron os medios de extinción as lapas foran xa incontrolables. EQUO se pregunta si o espazo forestal senlleiro da biodiversidade galega, nun período de máximo risco de incendios, non contaba cun equipo permanente de control e vixiancia. As Fragas do Eume levan anos soportando múltiples agresións por invasión de especies exóticas, contaminación reiterada do río Eume, proxectos de minería a ceo aberto e minicentrais no seu contorno etc. Este incendio representa a suma dunha longa serie de despropósitos inimaxinables nun Parque Natural. EQUO Galicia lamenta finalmente o acostumado espectáculo do uso partidista dos incendios como ferramenta política, cando unha simple revisión do acontecido nas tres últimas décadas reflexan que nin PP, nin PSOE nin BNG son quen para poñer de exemplo a súa xestión nos períodos nos que o monte foi da súa responsabilidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical