Aguiño: o 5 e 6 de abril, torneo de fútbol base
Tamén se pode informar neste perfil de Facebook:
Ribeira, 2 de abril de 2012. Este ano a SD Xuventú Aguiño cumple o 40º Aniversario da súa fundación, e como ampliación da aposta clara deste clube coa iniciación ao deporte, queren celebralo con este Torneo de Fútbol Base, que se levará a cabo durante esta Semana Santa, concretamente o xoves e venres, días 5 e 6 de abril.
A SD Xuventú Aguiño, contando coa colaboración do Concello de Ribeira, e coa comprometida axuda das distintas casas comerciais e entidades mercantís do arredor, están a preparar un torneo especial, destinado ás categorías inferiores, a categoría Benxamín e a Prebenxamín.
"Estamos encantados co interese mostrado polos clubes participantes, que son: Abanqueiro, Aguiño, Arousa, Atl. Riveira, Boiro, Cabo de Cruz, Callobre, Carreira, Catoira, Compostela, Concello de Riveira, Conxo, Cordeiro, Crocha, Once Caballeros, Outes, Porto do Son, Puebla, Sálvora, Santa Mariña, Santiago de Compostela, Unión, Victoria e Xuventú Oroso; tamén esperamos estar ao nivel desexado de atención e acollida que se merecen; de cara a que poidan disfrutar duns días de ledicia, deporte e diversión con nós; e ao mesmo tempo que podan recrearse da tranquilidade e da paisaxe da parroquia e alrededores, para que non falten nestes días as sonrisas, os soños e a esperanza", explican os organizadores en nota de prensa.
Dentro do certame haberá uns 600 rapaces xogando e derrochando enerxía para poder gañar, pero tamén divertíndose, potenciando a súa personalidade como deportista e persoa, e facendo multitude de amistades, tendo como premisa que o realmente importante é a participación, aseguran.
Competición:
Nº de xogadores: 15 por equipo + 3 directivos.
Catro Grupos, dous de cinco equipos e dous de catro equipos, que xogan entre si, clasificando o 1º e 2º de cada grupo que pasan a seguinte ronda de octavos, cuartos, semifinal e final.
Sistema de xogo F-7, seis xogadores + porteiro. Os xogadores sustituidos non poderán participar no mesmo partido.
Dous Tempos de 15 minutos contínuos con cambio de campo.
Día 5 de abril competición Prebenxamín, día 6 de abril categoría Benjamín.
Documentación: Envióuselles por correo aos equipos participantes un lote de tripticos co calendario, xunto cos teléfonos de restaurantes colaboradores co torneo, así como unha guía turística do Concello de Riveira, con lugares e sitios de interés para poder visitar.
Central de información: Habilitaráse unha carpa no recinto donde serán atendidas tódalas consultas referentes ao torneo, resultados de partidos, etc. Por persoal da organización.
Premios: Para o campeón e subcampeón, así como un agasallo de recordo do evento para cada club participante.
Instalacións: O torneo faráse no Campo Municipal da Tasca-Aguiño
Os vestiarios ubicaranse no Conservatorio de Música, anexo ao Campo de fútbol, debidamente sinalizado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario