Noia, 10 de abril de 2012. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado únese a Campaña: “O Dereito a Información Xuvenil” con motivo do Dia Europeo da Información xuvenil que pon en marcha ERYICA en colaboración co Consello de Europa o vindeiro día 17. A campaña pretende sensibilizar á mocidade e aos medios de comunicación sobre o papel especial da información para os mozos e mozas con respecto ao acceso destes aos seus dereitos. Asi mesmo tamén se pretende sensibilizar sobre acceso á información como un dereito en si mesmo para toda a Xuventude.
En Noia tivo lugar un seminario hoxe mesmo sobre este asunto (a imaxe é de hoxe).
Como requisito previo establécese o respecto á democracia, aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, así como o dereito a que todos os mozos e mozas teñan acceso a unha información completa, obxectiva, comprensible e fiable sobre todas as súas dúbidas e necesidades.
Os obxectivos xerais da campaña son os seguintes:
1. Dar a coñecer aos mozos e mozas o dereito á información.
2. Dar a coñecer aos mozos e mozas os Servizos de información Xuvenil onde poderán facer uso do seu dereito e atopar aquilo que buscan para desenvolver os seus proxectos.
3.Sensibilizar á clase política da importancia da información xuvenil.
Con este motivo a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizou un seminario sobre “A información e dinamización xuvenil desde os Espazos Xove da Rede Galega de Centros de Xuventude”. No mencionado Seminario participaron responsables de distintos Espazos Xove da Comunidade Autónoma de Galicia e da Comunidade Foral de Navarra, no que diseñaron un programa dirixido a mocidade para levar a cabo nalgúns dos Espazos Xove galegos, con motivo do Dia Europeo da Información Xuvenil: O Dereito a información xuvenil.
Noia: bases do V Certame de pintura ao aire libre "Juan Fernández Leiceaga", que se celebra o sábado 21 de abril post.ly/6fSy0
— Certo (@Certo) April 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario