Ribeira, 14 de maio de 2012. A falta de pouco máis de tres semanas para que finalice a inscrición no concurso, xa son máis de 45 os traballos enviados desde moitos centros educativos de toda Galicia ao festival audiovisual Olloboi. "Hainos realmente interesantes", indican dende a organización, que recomenda botarlles un ollo.
E se tes un vídeo ou unha idea para un, aínda estás a tempo de participar. Consulta as bases e os premios!
Orixes de OlloboiNo curso 2008-09 un grupo de profesores e profesoras do ensino público fundan no IES Leliadoura un grupo de traballo para dar saída ás súas inquedanzas comúns no mundo audiovisual e estudar a súa aplicación na docencia. Froito do traballo deste grupo nace no 2010 o Festival Audiovisual Olloboi, cunha clara orientación escolar, que se vén celebrando anualmente e xa vai pola terceira edición.Máis información en olloboi.com e en Facebook
Cultura: a xira "Coñeces a Valentín?" de Serafín Marcos recala en Noia, Rianxo e Rois esta semana post.ly/7HMX5
— Certo (@Certo) May 14, 2012
youtu.be/17Z-OhO9Byw Abril, fervenzas mil. Ten moi boa pinta ésta do Courel...
— Certo (@Certo) May 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario