5.5.12

Dodro: o Psoe acusa ao alcalde de faltar á verdade no da longa baixa da secretaria municipal

Dodro, 5 de maio de 2012. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro, manifestan en nota de prensa, "o noso abraio e, sobre todo o noso
malestar ante unha mentira máis do Alcalde Sr. Alfonsín Somoza. Según publica o venres 4 de maio de 2012 algún medio de comunicación escrito, o goberno do PP de Dodro extingue o contrato da asesora económica pola incorporación da Secretaria-Interventora “titular” despois dun largo período de baixa. Dende o grupo municipal do PSOE só podemos dicir que é MENTIRA".

Incompetencia da secretaria titular

Segundo explican os socialistas dodrenses, "a data de incorporación da Secretaria titular no concello foi o día 9 de febreiro de
2012. Como este grupo municipal dixo no Pleno Extraordinario convocado única e exclusivamente para a “creación dun posto de traballo eventual no cadro de persoal municipal”, é unha casualidade que coincidan as datas da Providencia da Alcaldía solicitando o asesor e a incorporación da Secretaria titular. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos claro o motivo (e así o manifestamos no citado Pleno): a incompetencia da citada Secretaria Titular para desempeñar o seu posto de traballo fai necesaria a contratación dunha asesora".

Enchufes do alcalde

Por outra banda, afirman dende o Psoe que "a persoa de confianza posta “a dedo” por Alfonsín incorpórase a traballar o luns 19 de febreiro de 2012, tres días despois da celebración do Pleno e dez días despois da incorporación da Secretaria titular. Outro dato a ter en conta e que desmonta totalmente o argumento do Sr. Alfonsín é que o informe de Secretaría-Intervención onde se avala a modificación do cadro de persoal para a creación dunha praza, está asinado por Dona Mercedes Fondevila Jaraiz, Secretaria
titular do concello de Dodro, daquela, esta persoa, NON ESTABA DE BAIXA. Agora, ¿Qué pasa, que Dodro xa non precisa do asesoramento económico que tanta falla facía hai tres meses? Pois si que lle saiu caro a Dodro o citado asesoramento. Ou será que xa hai outra persoa “enchufada “ polo propio Alfonsín para o sitio???".

Hemeroteca de adorno

Rematan os socialistas sinalando que "o Sr. Alfonsín debe pensar que a xente de Dodro e, sobre todo a oposición socialista, non ten memoria e non lembramos o que ocorreu no pasado Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2012, onde nos dicía que a contratación da asesora como unha solución para Dodro, e mais agora que o Ministerio de Hacienda valora desfavorablemente o Plan de Axuste presentado polo concello e elaborado por esa “asesora”. Sobre todo, o que máis nos sorprende é que haxa medios de comunicación escritos que, a pesares de estar presentes no Pleno do 16 de febreiro, a pesares de contar no seu poder coa documentación e as intervencións deste grupo municipal Socialista, teñan a osadía de publicar este tipo de novas, e dar por boa a información dun grupo político sen preocuparse, nin tan sequera de consultar a súa propia hemeroteca e saber que o que están
dicindo é verdade ou e ABSOLUTAMENTE FALSO".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical