23.5.12

Ribeira: ata o 6 de xuño expóñense no auditorio as vinte obras premiadas no XII Certame "Isaac Díaz Pardo"

  •  Son traballos de 15 artistas, de moi diversa índole creativa

Media_httpfarm8static_tjjhq

Marcos Covelo - Wisdom Tooth
 
Ribeira, 23 de maio de 2012.- Desde esta mesma mañá e ata o día 6 de xuño, o Auditorio Municipal exhibe a colección coas obras distinguidas no XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que convoca a Deputación Provincial de A Coruña.

A mostra, incluída dentro da programación do Maio Cultural do Concello de Ribeira, está comisariada por Xosé Antón Castro Fernández e reúne 20 obras dos quince artistas seleccionados no XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo: Fruela Alonso Blanco, Berta Álvarez Cáccamo, Darío Basso, Vicente Blanco, Tono Carbajo, Salvador Cidrás, Víctor-Hugo Costa Alonso, Marcos Covelo, Victoria Diehl, Yolanda Dorda, Carlos Maciá, Joseba Muruzábal, Cruz Pérez Rubido, José Andrés Santiago Iglesias e Xabier de Sousa Alonso.

Os que se acheguen á instalación ribeirense poderán contemplar creacións con moi diversas linguaxes artísticas e técnicas, tanto tradicionais como o gravado ou o debuxo, coma as novas tecnoloxías, o collage, a ensamblaxe, dixitalización ou infografía.

Media_httpfarm8static_wkrge

Victoria Dehl - Serie El cuerpo vulnerable


Nas correntes da abstracción posformalista aparecen os traballos de Darío Álvarez Basso, Berta Cáccamo, Carlos Maciá e Cruz Pérez Rubido.  A pintura máis figurativa, de xestualidade expresionista, moi próxima ao grafitismo é a obra de Joseba Muruzábal.

O realismo infográfico impreso dixitalmente de Antonio Santiago Iglesias; o conceptualismo da obra de Salvador Cidrás nas súas historias urbanas protagonizadas por mozos; a relación entre a arte e a vida a través dos corpos espidos que fotografía Vitoria Diehl; a precisión das paisaxes de Fruela Alonso, amplas perspectivas de horizontes inalcanzables da natureza ou do espazo urbanos que se presentan baixo unha luz tenebrosa; a linguaxe videográfica de Vicente Blanco e, fronte a imaxe en movemento da súa obra, a paisaxe fragmentada de Victor Hugo Costas... constitúen outras propostas que se poden observar na exposición.

Homenaxe ao intelectual finado este ano, Díaz Pardo

Organizado pola Deputación da Coruña, este certame naceu coa intención da apoiar aos creadores e fomentar a produción artística na provincia, ademais de converterse en plataforma de promoción no ámbito da pintura, fotografía, instalación, escultura ou deseño.

Ademais, este ano quíxose render unha especial homenaxe á figura que dá nome ao premio: Isaac Díaz Pardo, un dos principais artistas e intelectuais da cultura galega, falecido a principios do presente ano.

Pode que tamén lle interese:


Xoves 24 no Ateneo: "Herdeiros pola forza"


 Previa da Copa Sálvora e trofeos de fútbol infantil e afeccionado: este sábado 26 e domingo 27 de maio


Charla sobre empresas: o xoves 31 de maio na aula multimedia

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical