14.5.12

Ribeira: organizan desfile de traxe galego no instituto Leliadoura este martes 15

[[posterous-content:pid___0]]Ribeira, 14 de maio de 2012. O IES Leliadoura organiza mañá, martes 15, ás 12 da mañá, un desfile para pór remate á exposición sobre o traxe galego inaugurada o pasado día 3 de maio. 

Nesta exposición, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, puidéronse ver todo unha variedade de traxes galegos, tanto en maniquís como tamén en fotos, ata facer un percorrido polas distintas variedades comarcais de Galicia e tamén polas distintas épocas históricas comprendidas entre comezos do século XX e o XXI. Ademais esta exposición complementábase con bonecas representando distintas escenas da vida cotiá galega, desde procesións relixiosas ata celebracións como a do "Felipe", tipica do entroido ribeirense. Hai que sinalar que dita exposición é posible grazas á colaboración desinteresada de Concha "A Requena", quen cedeu os traxes e bonecas que se poden ver ata o martes.

O desfile dos traxes, que lucirán tanto profesores e alumnos do centro coma invitados, será acompañado pola actuación musical dun grupo de gaitas, tambores e pandeiretas formado tamén por alumnos e profesores do noso centro, contando coa colaboración do grupo Pinche.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical