29.6.12

Boiro: o Psoe renova a súa executiva local e abre o partido á veciñanza

311683_10150915249649072_16154

  • Jorge Campaña sae elexido novo Secretario Xeral do PSdeG boirense por unanimidade
  • Aseguran que a nova comisión executiva é "resultado dunha renovación xeracional"
Boiro, 29 de xuño de 2012. A Agrupación Local boirense do PSdeG celebrou onte unha asamblea na que elixiu por unanimidade a candidatura encabezada por Jorge Campaña Dieste, única presentada para o proceso de renovación da Comisión Executiva Municipal.

Jorge Campaña foi nomeado Secretario Xeral do PSOE boirense coa totalidade dos votos dos afiliados socialistas asistentes. Nesta nova andadura, Campaña vai acompañado de Jose Luis Ruiz como Secretario de Organización. Completan o equipo Rafael Suárez, un militante histórico da agrupación e encargado da Secretaría de Administración, Urbanismo e Pesca; Silvia G. Mirón, Secretaria de Política Municipal; Pilar Dieste, Secretaria de Educación; Diana Sánchez, Secretaria de Acción Electoral; e Adriana Castro, Secretaria de Xuventude e Formación.

Sede aberta todos os días e participación de veciños en asembleas

No discurso previo a votación, o xa Secretario Xeral, fixo unha presentación do proxecto que elaboraron entre os membros da executiva entrante, na que destacan a apertura da sede a cidadanía tódolos días da semana, o establecemento de reunións periódicas cos colectivos e a presencia nas redes sociais como ponte para acadar coñecemento directo das inquedanzas da sociedade do municipio. A Agrupación boirense pretende ser o interlocutor dos cidadáns de Boiro ante o Goberno local, poñendo a disposión dos veciños e veciñas tódalas súas posibilidades, coñecementos e ferramentas, como por exemplo, asesoramento xurídico, urbanístico, etc.

Como novidade, Campaña quixo destacar que "todo o cidadán que o desexe, pode participar nas asembleas do partido, con voz pero sen voto", facendo, deste xeito, unha forte aposta pola implicación da sociedade na organización política. Por outra banda, o novo Secretario Xeral quixo salientar "a ilusión, forza e gañas de traballar que amosaron os membros da nova dirección do Partido Socialista de Boiro. Somos un grupo novo pero
con experiencia dentro da dirección do partido". Campaña confirmou que, asemade, a nova
executiva conta "co apoio indiscutible" dos membros máis veteranos do PSdeG-PSOE de Boiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical