Muros, 22 de xuño de 2012. No día de hoxe representantes do BNG mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Muros, Caridade González. Laura Eiras, responsábel local do BNG, puxo sobre a mesa a decisión da formación política de facerlle unha homenaxe ao exalcalde nacionalista Domingos Dosil Cubelo, falecido o pasado febreiro.
Pola súa banda Caridade González amosou a súa predisposición, en nome do concello de Muros, a colaborar no acto coa infraestrutura precisa. Así, pecháronse cuestións como a ubicación do acto, na antiga fábrica de Sel, ou a data, primeira quincena de setembro. Noutra orde de cousas, os representantes do BNG fixéronlle saber á rexedora a súa intención de participar activamente na vida política municipal, unha vez desposuídos da súa lexítima representación institucional. Deste xeito, implementaranse mecanismos de traballo que posibiliten a esta formación levar a cabo os seus compromisos programáticos. Laura Eiras resalta “a necesidade de que tódolos veciños estean representados, tamén os votantes do BNG. Seguiremos traballando para defender os dereitos e intereses dos muradáns”.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario