Ribeira, 22 de xuño de 2012.- A peña ciclista Tahume e a Asociación As Miñoteiras, xunto co Concello e a colaboración de Sportbike e Náutica A Poutada, propoñen para o domingo 1 de xullo unha atractiva actividade consistente nunha Ruta das Praias en BTT (bicicleta de montaña).
O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, e o presidente da peña Tahume, Breixo Ventoso, encargáronse de explicar os pormenores desta actividade de carácter puramente cicloturista.
A acción ten como principais obxectivos fomentar o deporte e a actividade física no seu carácter lúdico recreativo, aproveitar o bo tempo que proporciona a época estival para facer actividades no medio natural e fomentar as relacións sociais e o compañeirismo.
A ruta sairá do polideportivo de Santa Uxía (en Coroso) ás 9.30 horas (os participantes deben presentarse cun mínimo de 30 minutos de antelación para a retirada de dorsais). O itinerario irá en dirección Insuela, San Alberto, Dolmen, bordearase o Tahume, Corgo, parque natural, Vilar, Fieiteira, Ribeira, paseo de Coroso e chegada ao punto de partido.
Teñen como destinatarios os ciclistas a partir dos 16 anos cun nivel medio de condición física. Os menores de idade deben facilitar autorización paterna.
120 prazasO número máximo de participantes será de 120, que se irán apuntando segundo orde de inscrición. Os interesados poden anotarse ata o 29 de xullo, ás 13 horas, na páxina web do Concello (
www.riveira.es), nas oficinas de Deportes da Fieiteira ou por teléfono (981 873 646) ou e-mail (
deportes@riveira.com).
As persoas ás que se lles confirme a praza deberán facer un ingreso de 8 euros no número de conta 2091 0339 78 3000030804 (Novagalicia Banco), co nome do participante como ordenante. O uso do casco é obrigatorio.
Curso de remoJuan Luis Martínez aproveitou este acto para comunicar que o martes 3 de xullo terá lugar a presentación no Club Náutico de Ribeira do novo Curso de Remo organizado polo Concello coa colaboración do Club de Remo Puebla para nenos a partir dos 12 anos. Será ás 12 do mediodía.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario