Outes, 29 de xuño -Día de San Pedro e San Pablo- de 2012. As imaxes do álbum que encabeza esta información son da procesión e inauguración do cruceiro da Canle en Outes, co motivo das festas patronais de San Pedro. Este cruceiro era o que se denominaba "cruceiro da Canle", e estaba ubicado máis arriba do lugar de Outes, ata que un accidente de automóbil derrubouno. Coas aportacións dos veciños da parroquia de San Pedro de Outes conseguiron restauralo, e tamén recuperaron as festas patronais. A información e as imaxes son do veciño de Outes Vicente Abelleira Cambeiro, que considera que estas fotografías "fan historia". Así o cremos tamén en Certo, pois o patrimonio pétreo do pobo galego debe coidarse e restaurarse para as vindeiras xeracións.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario