- Neste acto en homenaxe ao escritor colombiano haberá unha lectura partillada da novela "Cen anos de soidade" en inglés, galego e castelán
Ribeira, 14 de xuño de 2012.- Un dos acontecementos máis atractivos do programa de mañá do Xuño da Cultura e as Artes vai ser a inauguración oficial da nova prazoleta Gabriel García Márquez, situada a carón da praza de Compostela, na que está ubicada a sede do Ateneo Valle-Inclán.
O acto, ao que están convidados todos os veciños e visitantes, terá lugar ás 20.30 horas e contará coa participación do alcalde Manuel Ruiz; o presidente do Ateneo Valle-Inclán, Santos Oujo; e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos.
No transcurso do mesmo haberá unha lectura compartida da novela do premio nobel de Aracataca “Cen anos de soidade” en inglés, galego e castelán. Organiza o Concello coa colaboración do Ateneo Valle-Inclán.
Clausura da Mostra
Tamén no día de mañá terá lugar a última xornada da XV Mostra de Teatro Infantil de Ribeira. Será como sempre no Auditorio Municipal ás 20 horas. Nesta ocasión haberá unha función única, a cargo do Grupo Municipal Infantil, que, formado por 10 actrices, escenificará a obra “Vaia Maraña”, con guión adaptado e dirección de Segundo Chiki Durán, a partir do texto “Princesas y Fantasmas”, orixinal de Carmen Vázquez Vigo.
Unha enfermidade como o sarampón pode converterse na escusa perfecta para levar a cabo unha aventura teatral onde a imaxinación axude a recuperar dos males sufridos aos que padecen este mal... Comedia de enredo onde xogarán un papel importante tres protagonistas inesperados. Unha vez rematada a función terá lugar a clausura oficial coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes.
Os artistas en San Roque
Por último, mañá haberá tamén no Centro de Interpretación Arqueolóxica do parque de San Roque unha nova xornada de “Os artistas en San Roque”, na que escolares de 5º e 6º de Primaria do municipio toman parte activa nun conxunto de xogos, obradoiros e outras actividades lúdicas e de divertimento, co fin de aprenderlles coñecementos sobre o megalitismo, a idade de bronce e a idade de ferro. Organizada pola Concellería de Turismo, a iniciativa terá lugar entre as 9 e as 13.30 horas.
LOS ESPAÑOLES NO DESCONFÍAN DEL GOBIERNO, SOLO LE HAN ABIERTO UNA LÍNEA DE DESCRÉDITO MUY IMPORTANTE. Ribeira: este sábado, terceira asemblea de peñas para a Festa da Dorna ás 20:33 post.ly/7m3LZ Ribeira: este domingo 17, Festival de Danza Clásica no conservatorio post.ly/7m39e
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario