- O Concello meterá auga, saneamento e pluviais nun prazo de dous meses e cun orzamento de 80.000 euros
Ribeira, 5 de xullo de 2012.- O Concello informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á mellora e instalación de servizos na rúa Caticovas, na parroquia de Palmeira. A empresa SYR-AMG, S.L, será a que se encargue de executar a obra, por un importe de 79.259,23 euros.
Actualmente, o camiño obxecto da actuación rexistra unha traza moi irregular, con pavimento de formigón nun tramo e de terra natural noutro. Ademais, a rede de pluviais é inexistente (as augas de chuvia descorren pola superficie) e a zona adoece tamén da falla dun tramo de colectores de fecais que conecte o alcantarillado do lugar próximo da Bouciña coa rede xeral.
O obxectivo fundamental que se persegue con esta nova actuación é a de renovar os servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando para isto materiais de emprego actual para este tipo de instalacións: tubaxes de PVC para fecais e pluviais (en ambos tipos cunhas dimensións de 315 milímetros) e tubaxes de polietileno de auga densidade para auga potable.
Pavimentación
Ademais, unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente, proporcionando un acabado acorde co entorno no que se desenvolven os traballos. O período de execución das obras é de dous meses. A obra está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Xurxo Ayán escribe sobre "Manoliño o Electricista". O presunto ladrón do Códice CAlixtino. Alta retranca señores!certo.es/index.php?page… Ribeira: convocada a decorasión de fanequeiras para a Festa da Dorna, con máis sorpresas post.ly/893Rv EL NUEVO REPAGO DE MEDICAMENTOS LES VIENE TAN DE PUTA MADRE A VIEJOS Y A POBRES QUE AHORA MISMO ESTÁN CELEBRÁNDOLO EN LAS CALLES.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario