Muros, 14 de agosto de 2012. Este venres, 17 de agosto, ás 21:00 horas, celebrarase en Muros, na Casa da Comunidade de Montes de Serres ( detrás da Igrexa de Serres ) unha xuntanza de Compromiso X Galicia que será aberta a todas aquelas persoas que mostren certo interese en participar neste novo proxecto galeguista e progresista.
Entre outros temas tanto de ámbito nacional como local elixirase ao novo secretario local de Muros."Queremos facer un chamamento a toda a xente, con ou sen vocación política, que se sinta comprometida con Galicia a participar tamén dende Muros nunha nova organización política, chamada a responder as demandas reaís da cidadanía", sinalan dende esta formación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario