- A competición entra no IV Encontro Galego de Saxofón que se está a celebrar na Cidade da Cultura de Santiago
- Os gañadores son Marín Castro Tubío, Adrián Piñeiro e Roi Barros
Ribeira, 7 de agosto de 2012.- O alumno do Conservatorio Municipal de Ribeira e da Aula Galega de Saxofón, Marín Castro Tubío, gañou o Concurso “Ramón Guzmán”. A competición formaba parte dunha das actividades do IV Encontro Galego de Saxofón que está a discorrer en Compostela, na Cidade da Cultura.
O concurso estaba dividido en tres partes segundo o nivel dos participantes. Martín Castro foi o gañador da sección para estudantes de 1º a 3º do grao profesional e interpretou, para o xurado formado polos sete profesores do encontro, a obra Tableaux de Provence de Paul Maurice. Na sección para estudantes de 4º a 6º de profesional o gañador foi Adrián Piñeiro Aspres do Conservatorio Amaniel de Madrid.
Pola súa parte, no nivel superior o gañador foi Roi Barros Germiñas do Conservatorio Superior das Illas Baleares. Da a casualidade de que tanto Adrián Piñeiro como Roi Barros foron alumnos da Aula Galega de Saxofón, actividade organizada polo Conservatorio Municipal de Ribeira, ata o curso pasado. O primeiro deles trasladouse este ano a continuar estudos a Madrid e o segundo a Palma.
Durante o encontro, corenta saxofonistas reuníronse, no Conservatorio Profesional de Música en Santiago, co fin de ampliar a súa formación con grandes mestres do instrumento. Nesta ocasión, ademais de galegos, acudiron estudantes de Ponferrada, Madrid, Burgos, Badajoz, Granada, País Vasco, Córdoba, Arxentina, Perú e Australia.
Na foto, de esquerda a dereita:
Marie Bernadette CHARRIER, Hilomi SAKAGUCHI, Rodrigo VILA, François ROSSÉ, Yuko MIZUTANI, Adrián PAIS, Quino SÁEZ e José FUNGUEIRIÑO (coordinador)
Abaixo os gañadores :
Roi BARROS, Martín CASTRO, Adrián PIÑEIRO.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario