21.8.12

Ribeira: ata o 27 de agosto para inscribirse na X Andaina Popular do 1 de setembro

  • As inscricións (pago incluído) que se realicen antes do 27 de agosto terán un prezo de 15 euros (13 os federados). A partir do desta data, terán un custo único de 25 Euros
  • Os participantes poden facer directamente a inscrición a través da páxina web do concello


http://www.arousa.com

Ribeira, 21 de agosto de 2012- Na Sala de Xuntas do Concello presentouse esta mañá a “X Andaina Popular Concello de Riveira”, coa presenza do concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, e Ramón Sampedro, representante da sección de sendeirismo da Asociación as Miñoteiras.

 

O día 1 de setembro de 2012 a X Andaina Popular “Concello de Ribeira” volve atraer a locais e visitantes conseguindo este enorme éxito de participación, con un total de 140 persoas inscritas ata o momento.

 

Esta andaina organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, coa colaboración do Concello de Riveira, Protección Civil, a Asociación de Veciños de Carreira, Náutica a Poutada e a Asociación Arrecó, é outro exemplo da forza que o deporte na natureza ten neste municipio.

 

Os lugares polos que pasarán os participantes son: o Parque Periurbano de San Roque, a Lagoa de Vixán, o Parque Natural, a Lagoa do Carregal, o Monte Tahume, o Dolmen de Axeitos, o Miradoiro da Curota, o Miradoiro Valle-Inclán e a praia de Coroso. A novidade é que, aínda que as paraxes sexan as mesmas que o ano pasado, algunhas das rutas serán diferentes.

 

A saída realizarase o sábado, 1 de setembro, desde  o Polideportivo Santa Uxía, na praia de Coroso, ás 9:00 horas e poderase participar nun percorrido de 50 km ou de 36 km.

 

Haberá controis de paso que os participantes deberán cruzar nuns tempos determinados, os mínimos serán de 4,2 km/hora e os máximos de 6,5 km/hora. A organización non se fará responsable en cómo se realicen os tramos entre controis, xa sexa andando ou correndo, sempre que cumpran os horarios e non se moleste ao resto de participantes.

 

Inscricións

As inscricións (pago incluído) que se realicen antes do 27 de agosto terán un prezo de 15 euros (13 os federados). A partir do desta data, terán un custo único de 25 Euros.

Os participantes poden facer directamente a inscrición a través da páxina web do concello.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical